Podes escoitar este artigo na voz das súas redactoras:
______________Abraham Cupeiro naceu en 1980 en Sarria (Lugo). É construtor e multiinstrumentista e destaca polo seu labor de recuperación de instrumentos do pasado.
Estudou na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (RCSMM) e tamén realizou un mestrado en interpretación da música antiga na UAP.
Destaca por tocar o Karnix, trompeta celta da Idade de Ferro e foi convidado para tocar o Karnix de Tintignac.
Ten unha coleción de máis de 200 instrumentos de todo o mundo de distintas épocas.
Participou en varios proxectos musicais coma Os Sons Esquecidos, gravados coa Real Filharmonía de Galicia. En 2018, estreou Panxea coa Royal Filarmonic de Londres nos estudos Abbey Road.
Abraham Cupeiro acaba de estrear en concerto coa Orquestra de Estremadura, o seu novo proxecto musical Mythos.
As mitoloxías árabes, célticas, romanas, gregas e hindús serán os puntos de partida para viaxar a civilizacións e historias perdidas no tempo, como a enigmática Atlantis.
Cupeiro enriquece o seu arsenal sonoro habitual, con instrumentos que os nosos antepasados tocaban en teatros gregos ou circos romanos. Trátase de reconstrucións propias do aulós conservado no Museo del Louvre e os exemplares de Cornu atopados nas ruínas de Pompeia, instrumentos que soarán por primeira vez nunha orquestra moderna, unindo a tradición clásica e a actual.
· TAMÉN PODES VER:
https://www.instagram.com/p/Coaf8KuM4Nv/
https://www.instagram.com/p/CoccVHhPvUf/
https://www.youtube.com/watch?v=psW7xQHYVdY
https://www.youtube.com/watch?v=s63SzK-yf8I
· FONTES CONSULTADAS:
https://www.orquestadeextremadura.com/abraham-cupeiro-estrena-mythos-con-la-oex/
https://abrahamcupeiro.com/gl/bio-2/
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.