Letras Galegas 2023: Recursos (II)

 Recursos educativos de utilidade para a aula:

 


- Unha proposta didáctica sobre o documental A rosa incandescente que pretende achegarnos a figura e a obra de Rosalía de Castro. Inclúe textos en prosa e verso da autora con exercicios e actividades en diferentes formatos: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2056/encanta-conmove-chora.

- Cinco capítulos baseados no espectáculo teatral Ñam para que os nenos e nenas de 1 a 6 anos aprendan conceptos esenciais: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_856/nam-caramuxo-teatro.

- O docu-reality Criando lingua, que aborda a normalización lingüística dende a perspectiva de cinco familias que decidiron criar en galego os seus fillos e fillas: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_846/criando-lingua-xurdir-producions.


OUTROS

1. Historias fascinantes da ciencia en Galicia, de Eduardo Rolland Etchevers e Manuel Rey, é un álbum ilustrado cos fitos máis importantes da ciencia en Galicia publicado por Edicións Embora. O libro conta 40 historias galegas sobre a ciencia, con temas tan interesantes como a invención da máquina multiplicadora por un galego ou que nos montes de Lugo habitaron mamuts.

2. Mochila grande “Brava Forte Valente” de Estudio Brétemas, que é unha empresa de deseño con diferentes produtos en galego, dende téxtil, postais e láminas, ata cuncas ou botellas. Utilizan a fraseoloxía galega máis coñecida para os seus deseños e cun marcado acento feminista, e contan con produtos para muller, home e crianzas.

3. O mundo está derrotado, de Familia Caamagno (vinilo), é o novo álbum desta banda de Sigüeiro que leva xa doce anos nos escenarios e contén cancións coma a versión de "Xuntos".

Comentarios