Excursión ao teatro do alumnado de Infantil

O martes 12 de abril todas as nenas e nenos de infantil do cole de Vedra fomos en bus a Santiago para ir ao teatro.

Tivemos que camiñar bastante pola zona vella e antes de comezar a obra puidemos merendar galletas na praza da Quintana. Vimos moitas pombas (unha delas coxa) e démoslles de comer (aínda que as profes nos berraron por iso).

A obra de teatro chamábase “Feo!”, e era unha adaptación do conto “O parrulo feo”. Gustounos moitísimo, non queríamos marchar.

Cando acabou a obra de teatro saudounos a policía pola rúa e Álex G. atoupou un euro!

Grazas as nosas profes cada día temos unha aventura! Pasámolo moi ben, foi súper guai!

Preme na imaxe para acceder ao album de fotos



Nenas e nenos de 6º de Infantil

Comentarios