Concurso de fotografías pola igualdade


A Federación de ANPAs de Compostela, da que formamos parte a ANPA do CPI de Vedra, convoca o quinto Concurso de Fotografías pola Igualdade, no que vos animamos a participar ao alumnado e ás familias. Podedes presentar fotografías onde se visualicen situacións de consolidación da igualdade entre persoas, ou que sirvan para denunciar a desigualdade, nomeadamente entre persoas de diferente xénero, co obxectivo de atopar unha mirada crítica contra a desigualdade cotiá. Tedes toda a información na web e o formulario para enviar as vosas imaxes en fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/


EXPOSICIÓN

A partir do 18 de abril teremos unha exposición no CPI de Vedra na que poderedes ver unha mostra das imaxes presentadas nas anteriores edición, e para celebrar esta exposición, teremos un contacontos coa actriz Soledad Felloza. Deste xeito, o alumnado teredes ao voso alcance a mirada doutros alumnos e alumnas sobre a igualdade que vos permitirá reflexionar e achegar a vosa propia ollada dentro do certame. Animádevos a participar!

Comentarios