O pasado 16 de febreiro os nenos/as de 5º e 6º fomos visitar os Museos Científicos de A Coruña para completar os temas que estamos dando na clase.
Na primeira parte da visita separámonos e mentres os de quinto ían a Casa da Ciencias, os de 6º visitamos a Casa do Home (a Domus) onde puidemos ver moitas cousas sobre o corpo humano que estamos vendo na clase de CC Naturais.
Na segunda parada foi ao Aquarium Finisterrae onde coñecimos un montón de cousas sobre o ecosistema mariño e puidemos ver polbos, focas, moitas especies de peixes e sobre todo o tiburón toro Gastón que é o peixe máis grande que hai no acuario.
Volvimos a xuntarnos á hora de xantar e cando rematamos fomos a visitar a Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo; e dende alí vimos o bonito que é o océano Atlántico.
Antes de marchar cara o colexio de volta fomos merendar e dar un paseo o Monte de San Pedro, onde tamén xogamos nun parque que había.
Un artigo de Marcos Ferro Couto e Pablo Castelao Campelo (6ºA)
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.