Queremos recomendarvos arestora a peza teatral Shakespeare en Roma que se estreou pasado 9 de febreiro en Compostela.
O Centro Dramático Galego (CDG) presenta catro pezas que Shakespeare escribiu e situou na antiga Roma. En Shakespeare en Roma aparecen anoados tres momentos da historia: o presente, o período isabelino inglés e a Roma clásica. Isto conséguese a través de temas como a guerra, a violencia e a loita polo poder que determinan e guían o destino dos personaxes.
A dirección corre a cargo de Xulio Lago, que xunto á María Barcala, Rui Madeira, Sara Rei e Quico Cadaval, entrelazaron os textos de Coriolano, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico. Entre o elenco de actores que interveñen na posta en escena, destacamos a Xulio Cortaza e Sheyla Fariña, entre outros.
O CDG optou para esta representación por unha área escénica tan atípica coma o Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha montaxe pensada coa idea de innovar, máis alá do formato tradicional, para así chamar a atención dun público mozo.
Shakespeare en Roma permanecerá en escena ata o 2 de abril.
Desde o Departamento de Latín, HIC ET NUNC anímavos a que asistades a esta produción.
______________
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.