Enigmas matemáticos: Cousas de números


UN  forma dous, DOUS forman catro, CATRO forman cinco, SEIS forman catro.

Explica este feito.

Dentro dunha semana poremos aquí a solución. Antes podes enviar a solución a enigmasmatematicos@cpivedra.com (pon o teu nome e apelidos e o curso e grupo). O departamento de matemáticas sorteará a final de curso, entre o alumnado que acerte máis veces un premio. (Se pensas que sabes a solución envía un único correo para cada enigma, se envías máis eses non se terán en conta)

SOLUCIÓN

O número de letras que ten cada palabra: UN ten dúas letras, DOUS ten catro letras, CATRO ten cinco letras e SEIS ten catro letras.

Comentarios