SOFTWARE LIBRE:
Software libre é o software que respeta a liberdade dos usuarios e a comunidade e que todos os usuarios teñen capacidade de modificar.
Todo o softwar libre debe ter estas catro liberdades imprescindibles:
- A liberdade de executar o programa como se desexe.
- A liberdade de estudar como funciona o programa, e cambialo para que faga o que se desexe. O programa debe dar acceso ao código fonte.
- A liberdade de difundir copias para axudar a outros.
- A liberdade de distribuír copias das súas versións modificadas a terceiros.
Un software libre non ten que ser específicamente gratuíto, pode ser de pago, solo ten que cumplir os criterios anteriormente mencionados.
Hai distintos tipos de licencias que os creadores aplican ao seu programa.
Algunhas licencias de software libre requiren que todas as versións futuras sexan tamén distribuidas con estas liberdades. Outras poden ser remodeladas e restrinxidas polos creadores orixináis.
Nas vindeiras semanas iremos publicando breves recensións de programas de software libre que vos poden ser útiles.
Un artigo de Xián Nogueiras Méndez
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.