Das vías romanas... De Brigantium a Roma en 80 días. E do miliario da Gándara (Vedra)


Podes escoitar este artigo na voz das súas redactoras:

______________
Un artígo de Uxía, Claudia, María, Lucía e Alicia

A ferramenta dixital ORBIS, que vos pasamos a presentar, é unha rede xeoespacial interactiva coa que se pretende chegar a unha mellor comprensión do funcionamento do sistema viario do Imperio romano. 

ORBIS permite saber a distancia que había entre as grandes cidades romanas, as opcións de transporte para viaxar entre elas, o custo e o tempo do traxecto; e, entre outras curiosidades, permite, ademais, escoller o día e estación en que se prefire viaxar ou os medios de transporte por estrada (en carro de bois, caravana de camelos, viaxes privadas a pé ou a cabalo).

Para establecer unha ruta histórica só hai que elixir na relación de nomes que alberga a ferramenta, os lugares de saída e de destino. A relación de lugares foi feita a partir do Atlas Barrington, co que o usuario de ORBIS debe coñecer de antemán a denominación romana da cidade á que un quere ir ou da que quere partir. De Galicia, por exemplo, podemos saír de Flavium Brigantium (A Coruña) e marcar Bracara Augusta (Braga) ou Asturica (Astorga) entre os destinos máis próximos. A rede de estradas a que nos estamos a referir abrangue case 85.000 kms.

Para entender mellor o seu funcionamento e que sexa accesible para todo o público, os creadores de ORBIS subiron a Youtube un titorial cuxa ligazón inserimos deseguido:



Outro simulador, que ten un obxectivo parecido a ORBIS, é  OmnesViae. Este “Google Maps” amosa  o antigo sistema de estradas da antiga Roma, ofrece a distancia en millas romanas e  calcula o número de días de viaxe pero, neste caso, baséase na Táboa Peutingeriana e no Itinerario de Antonino.

Para acceder e trazar o teu roteiro, podes ir  a  OmnesViae: https://www.omnesviae.org/

Fonte: gciencia


QUE ERAN OS MILIARIOS ROMANOS? 
O MILIARIO DA GÁNDARA (VEDRA)



Os miliarios eran uns indicadores de distancias semellantes aos postes quilométricos de hoxe.
Nos miliarios estaban escritos - na pedra- o nome da vía e a distancia que separaba o punto en que este se localizaba dunha vila importante ou de Roma. 

No concello de Vedra, temos na parroquia da Gándara, no límite das parroquias de San Fins de Sales e San Breixo de Sergude (Boqueixón), un miliario romano da época do emperador César Caio Augusto Xermánico. Convén recordar que por este lugar pasaba a IV Vía militar romana sinalada no Itinerario de Antonino

O miliario da Gándara, que é así como se coñece, sobresae da terra sobre 1,70 cms. e ten unha parte soterrada duns 40 cms. 

Actualmente, está no Museo da Catedral de Santiago de Compostela. O que vemos a carón da estrada hoxe non é máis ca unha réplica do anterior.

Os miliarios contaban con inscricións en que se adoitaba diferenciar tres partes: 
  1. O título completo do emperador baixo o que se construía ou modificaba a calzada.
  2. O gobernador e/ou unidade militar responsable das obras.
  3. A distancia ata Roma ou a cidade máis importante da vía.

Tendo en conta o dito, vexamos que figura no miliario situado no noso concello. 
Xuntamos deseguido a transcrición da inscrición:

C· CAESAR· AVG · GERMA 
NICVS GERMANICI CAES F · TI · CAES ·
 AVG · N · DIVI · AVG. 
PRONEPOS · PATER · PAT · PONT MAX · TRIB · POT 
· IIII · COS · II 
M · P
         
              E a reconstrución do texto:

O CÉSAR CAIO AUGUSTO XERMÁNICO, 
FILLO DE XERMÁNICO CÉSAR, 
NETO DO TIBERIO CÉSAR AUGUSTO,
 BISNETO DO DIVINO AUGUSTO; PAI DA PATRIA, PONTÍFICE MÁXIMO,
 COA CUARTA POTESTADE TRIBUNICIA E O TERCEIRO CONSULADO ... 
MILLAS.


Fontes: 

Vedra. Unha historia visual, de Henrique Neira, pp. 42-43.


Comentarios