![]() |
Preme na imaxe para acceder ao album de fotos |
Ola fiadeiras e fiadeiros!
As nenas e nenos de infantil queremos compartir con vós un acontecemento moi especial que pasou na biblioteca do noso cole. E é que dende Kalandraka, a fábrica de libros para soñar, chegou nin máis nin menos que o gran PACO NOGUEIRAS! Traía o seu acordeón e a súa maleta cargadiña de contos. Con eles cantamos, contamos, rimamos, bailamos… e o mellor de todo, pasámolo xenial!
A verdade é que a visita fíxosenos algo curta e invitamos a Paco a vir noutra ocasión. Sabemos que vai ser algo difícil porque anda por todo o país contando e cantando para todas as nenas e nenos!
Iso si, Paco propúxonos un xogo moi divertido: buscar na nosa biblioteca todos os contos que el nos contou, e ser nós quen os leamos unha e outra vez! Seremos capaces!?
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.