Inauguramos unha nova sección na revista Fiadeiro englobada na temática de pasatempos: 8 preguntas. Nela, o alumnado de Educación dixital (3º ESO) elabora un cuestionario de 8 preguntas sobre un tema determinado e ofrece, xeralmente, dous camiños para resolvelo: un doado e outro máis difícil.
Serás quen de resolvelas todas?
Se te atrancas nunha, pide axuda nos comentarios (ollo co que pos, nos descubras palabras a outros posibles xogadores).
Publicaremos un cuestionario cada semana. Neste primeiro, elaborado por Lucas Martínez, a temática é o CINE.
Preme aquí para acceder ao cuestionario: 8 preguntas: cine ou faino aquí mesmo:
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.