6º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


A asociación Ponte... Nas ondas!  convoca o 6º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

O certame consiste na recollida de fotografías relacionadas co Patrimonio Cultural Inmaterial (por exemplo, relativas ao entroido, os bailes tradicionais, festividades, tarefas tradicionais como a vendima, a sementeira...) feitas antes de 1970.

Así que se tedes na casa fotografías dos vosos antergos coa temática antedita enviádea a cpi.vedra@cpivedra.com Unha vez recibida porémonos en contacto con vós para elaborar un podcast no que expliquedes a procedencia e contexto da fotografía.

Os premios para as familias gañadoras son un ordenador portátil (1º premio) e tablets (2º e 3º premio).

O prazo de envío remata o 23 de xuño e as fotografías premiadas coñeceranse en setembro.

As fotografías que enviedes serán publicadas, xunto co podcast que se elabore, na revista Fiadeiro durante o curso 23/24.

Tedes toda a información aquí: http://escolasnasondas.com/6o-certame-de-recolla-das-imaxes-e-podcasts-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/ Aí tamén podedes ver as fotografías gañadoras de anteriores edicións.

Comentarios