“SI VIS AMARI, AMA”. Diversas formas de festexar o amor


Podes escoitar este artigo na voz das súas redactoras:

______________
Un artígo de Uxía, Claudia, María, Lucía e Alicia, alumnas de Latín


 Neste número, pola altura do ano en que nos atopamos, febreiro, coa inminente celebración do Día da Candeloria e logo dos Namorados, toca falar do amor. 

O festexo actual ten o seu precedente na época romana. Un claro exemplo de elemento herdado da cultura clásica é o símbolo do corazón atravesado por unha frecha que simboliza o amor a primeira vista, o tan traído “coup de foudre”, lanzado por Cupido. 

Cupido era o deus romano do amor, fillo de Venus e Marte, cuxo equivalente na mitoloxía grega era Eros. 

Cupido foi un dos personaxes máis representados na arte durante miles de anos, e de forma especial, a historia de Cupido e Psique. Este deus coñecíase tamén en latín como Amor.

O amor, en minúscula, considerábase daquela un estado de loucura divina, de manía. E ademais, precisamente por esa loucura que levaba de seu, interpretábase como unha enfermidade, psíquica e física.

O termo corazón vén de COR, CORDIS, que significaba en orixe `gran corazón´. Para os escritores latinos o corazón era a sé da intelixencia, do pensamento e do bo xuízo, e de aí vén a palabra cordura

Outro termo da mesma familia etimolóxica é recordar, é dicir, ‘volver traer á memoria’, que procede do latín RECORDOR, literalmente `volver pasar polo corazón´. 

Cando se bate unha marca, dise que se bateu un récord, do inglés record, que, á súa vez, é latín case en estado puro, de recordar.

E se falamos de antecedentes romanos, convén lembrar a festa da Lupercalia, que se celebraba entre o 13 e o 15 de febreiro. A súa orixe estaba relacionada coa fecundidade da muller e da natureza. O mesmo sentido ten na tradición galega a festa da Candeloria, que coñecemos popularmente coma o “casamento dos paxariños”.

E se algúns dos nosos lectores e lectoras está namorado e quere dixirse ao seu compañeiro/a de viaxe dun modo agarimoso, aí deixamos unhas cantas declaracións de amor en latín: 

  • Amor omnia vincit (O amor fai posible todo)

  • Mille modi Veneris (Hai mil maneiras de amar)

  • Ama et quid vis fac (Ama e fai o que queiras)

  • Amor caecus est (O amor é cego)

  • Si vis amari, ama (Se queres ser amado, ama).

Fonte: Latín lovers de Emilio del Río (“As frechas do amor” e “Arriba os corazóns”).

  • VALETE!!

Comentarios