Día da Paz

Dende 6º temos claro que a paz non só se celebra un día senón que temos que facelo todos os días do ano. Temos que tentar ser amigos e amigas, levarnos ben con todos, non pelexar e disfrutar dese momento cos compañeiros/as. Temos que aprender a escoitar aos demais, respectar as súas opinións e as súas diferenzas, observar cando alguén nos necesita e ofrecerlles a nosa axuda, así como pedir que nos boten unha man cando nos faga falla. Por todo isto, os nenos/as de 6º A estivemos investigando que tratados asinaron os países para que vivamos nun mundo mellor, como distintas persoas do mundo loitaron e loitan pola non violencia e así aprender como actuar nós para seguir vivindo xuntos e en paz. Coñecemos a xente á que se outorgou o Premio Nobel da Paz e decidimos entrevistalos dunha maneira “especial”, escoitade o podcast e descubriredes como o fixemos coas entrevistas que fixeron os nosos compañeiros/as: Lois Carbia, Marcos Botana, Irene Lareo e Emma Estévez:

O día 31 inauguramos o banco da amizade que colocamos no patio para que o usen todas aquelas persoas que se sintan solos e precisen a nosa axuda para sentirse mellor. Os de 6º A xa o probamos e máis algún profe tamén como podedes ver nas fotos.

Ah, e a mestra de música, Sol, ensinounos unha canción que cantamos todos xuntos no patio do cole.



Queremos un mundo en paz, no que a violencia non exista e si o respecto polos demais.


Un artigo de Lía Cabo Lestón e Emma Estévez García

Comentarios