Galicia Nomeada é unha plataforma para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada a ela. Esta ferramenta permite que o voluntariado cultural de Galicia desde un PC, tableta ou smartphone conectado a internet, poida chegar os topónimos da súa aldea, parroquia ou concello.
Dende a web podemos acceder ao mapa de Galicia, escoller un concello, unha parroquia e acceder a todos os topónimos rexistrados, coa información da súa localización, pronuncia...
«Todos somos conscientes de que os nomes das terras, dos regueiros, das fontes, dos penedos... corren un grave risco de desaparecer porque a maioría só teñen existencia na memoria das persoas maiores», e o que pretende esta web e salvagardar un patrimonio que esmorece.
Un artigo de Brais Otero
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.