O EDLG recomenda...

O Equipo de Dinamización Lingüística do centro recomenda:


AGASALLOS

A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de publicar o seu catálogo de agasallos de Nadal con propostas de produtos de todo tipo na nosa lingua.

En #agasallacogalego #agasallaengalego: desde o proxecto Agasallo (presente nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram) difúndense periodicamente propostas para regalar en galego: libros, música, xogos e xoguetes, produtos téxtiles, de alimentación...


MÚSICA

A viaxe de Bolboreta a través das músicas do mundo que Lydia Botana nos contara no libro disco De aquí para alá agora está dispoñible en 14 capítulos audiovisuais na canle de Youtube de Política Lingüística.


Adianto do disco SOLDADEIRAS de CAROLINA RUBIROSA 

Deus! que leda que m'esta noite vi - YouTube

Videoclip e temas do disco Treides Comigo. Xoán Curiel musicalizou varias cantigas medievais compostas por trobadores galegos vencellados dalgún xeito a autores dos lugares polos que transcorre o Camiño de Santiago. Xunto coa cantante e filóloga Iris Gey, realizou unha revisión e unha abordaxe contemporánea das cantigas medievais galegas.

Treides comigo. Xoán Curiel - O Portal da Lingua Galega


BANDA DESEÑADA

A páxina web do Consello da Cultura Galega (http://consellodacultura.gal/) ofrece excelentes materiais, entre outros, libros dixitais de banda deseñada (http://consellodacultura.gal/libros-tipo.php?tipo=Banda%20dese%F1ada)



Comentarios