EDLG. Vedra medra. Memoria de actuacións (2022)

O proxecto Vedra medra fai balance deste 2022 visibilizando, resumidas, todas as actuacións que levamos a cabo:


1. Celebramos o ENTROIDO 

  • OBRADOIRO "ESCOLA DE XENERAIS E CORREOS" (previo aos atranques). Contou con 14 participantes de distintos niveis educativos e desenvolveuse entre o 21 de xaneiro e o 21 de febreiro. Colaborou o Concello de Vedra a través da Concellaría de Cultura, Xuventude e Voluntariado.

            http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/811

            http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/804


  • ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO NO CENTRO (atranques de  xenerais e correos, intervención de 8 parellas):

            http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/811

            http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/804


  • CONTINUIDADE DA TRADICIÓN DO BURRO DE ENTROIDO 

            http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/810


Tanto no web do centro coma no Facebook Vedra medra queda constancia das referidas actividades cun repositorio fotográfico e audiovisual.


2. Celebramos O DÍA DE ROSALÍA e a EXALTACIÓN DA CAMELIA

Tendo en conta a proximidade destas dúas datas tratámolas conxuntamente.


A actuación programouse baixo a cabeceira “CAMELIAS PARA ROSALÍA (no centro) e tivo unha proxección fóra deste ao participar na Festa da Exaltación da camelia (XXVI Xornada organizada polo Concello de Vedra na parroquia de Sta. Cruz de Ribadulla).

Actividades realizadas:

  1. Rolda de lecturas rosalianas (gravacións)
  2. Elaboración dun mural colectivo (para expoñer na Festa)
  3. Plantación de camelias conmemorativas no xardín do centro

            http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/801

            http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/799

3. Celebramos o Día das Letras Galegas 2022 en honra de Florencio Delgado Gurriarán

  1. Fóra das aulas:
      • Participación no VIII Concurso de creación "Serán das Letras" organizado pola Asociación Cultural San Campio da parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón. Poesía, relato e debuxo con referencia ás "Romarías e festas tradicionais". http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/833
      • No centro. MÁIS LETRAS PARA FLORENCIO e outras realizadas ao longo do mes de maio: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/836
4. Celebramos a publicación dun novo libro, obra dun escritor vedrés
Nesta ocasión, o xornalista vedrés Henrique Neira presentou O libro falador ante o alumnado de 2.º de EP. 

No web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/node/834

Este volume foi finalista na XIX edición do premio Frei Martín Sarmiento na categoría (1º-2º de EP).


5. Celebramos un obradoiro de radio

Entre o 4 e o 11 de outubro desenvolveuse un taller no que o alumnado de 3.º da ESO foi protagonista activo, desde a preprogramación ata a gravación dos podcast. 

Este chegou ao centro  baixo o amparo do concello de Vedra e da man de dous comunicadores e fotógrafos de Lume Cultura, Camila Pérez Senande e Tomás Dies Papagno. Nados en Bos Aires e residentes en Santiago, fixeron posible que as dúas liñas de traballo de O Camiño tamén dá xogo!  -a Vía da Prata e os xogos tradicionais e populares- se materializasen en dúas pezas divulgativas.

Os podcast están incorporados xa no Facebook Vedra medra.


6. Contamos coa instalación interactiva Vía da Prata 

A rapazada do noso centro puido completar coa instalación interactiva de forma virtual a peregrinación polo treito galego da Vía da Prata desde A Mezquita ata Santiago. 

Esta instalación permaneceu no CPI do 6 ao 12 de outubro cun obxectivo, dar a coñecer o catálogo patrimonial da Vía da Prata dunha forma lúdica. O elemento central é un xogo de habilidade en que o/a rapaz/a debe, coa axuda de dúas cordas, manipular a un peregrino de madeira e lograr que traslade unha pelota desde A Canda ata Compostela, completando o trazado da Vía da Prata. Compleméntase cunha sorte de paneis en que se revisan algún puntos de interese más destacados do Camiño,  desde o triángulo máxico do Entroido ourensán, o mosteiro de Oseira ou O Pico Sacro.

A iniciativa forma parte do programa da Xunta “O Teu   Xacobeo”.

 

7. Participamos no Pasabodeghas 2022

Estivemos presentes no Espazo Activo da Ulla-Pasabodeghas representados polas súas mascotas, TOPO, NIMO e NIMIA, saídos das habilidosas mans da nosa compañeira Iolanda Neira, que converteu en mural os nosos tres dragonciños.

Tamén estiveron expostas alí algunhas fotos do noso paso por esta parroquia de San Miguel de Sarandón nestes últimos sete anos: a visita á bodega e museo de Esperanza Lema, o traballo de “Bótame un capio” co mestre Antonio, a participación na concorrida Festa do Viño, nas cantarelas de Nadal ou no Serán das Letras.


8. Celebramos o día de San Martiño cunha mañá de xogos populares e magosto

Coincidindo co 11 de novembro, fixemos o magosto no centro e convocamos a toda a rapazada a xogar. 

Tratábase da primeira actuación conxunta d’ O Camiño tamén dá xogo! na que os xogos e os xogadores foron os protagonistas. Deunos moito gusto poder contar no ‘terreo de xogo’ cos avós e avoas que viñeron compartir unha mañá de lecer con nós. A permanencia e a continuidade dos xogos populares dependen de que se dea unha transmisión interxeracional efectiva. É por iso que desde Vedra medra propiciamos desde o comezo do proxecto a  interrelación entre maiores e rapaces tendo presente o gran valor educativo que nela se agocha.

Acompañáronnos nesta cita ‘xogantina’: Ana Dacosta, Elvira Gestoso, Gerardo Albela, José Torres, Manuel Vilas, Luis Neira e Pilar González e a empresa SororAs.



9. Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL

Outro ano máis (e xa van 8!!), festexamos o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL no CPI de Vedra.

Cómpre recordar que neste día se conmemora o 50.º aniversario da Convención do patrimonio mundial, cultural e natural asinada en París un 16 de novembro de 1972.

Grazas vedreses por estar á nosa beira nesta andaina tan emocionante e chea de aprendizaxes patrimoniais.



 10. Celebramos as cantareliñas en San Miguel de Sarandón 

Con ocasión da celebración das festas de Nadal e Reis quixemos revivir co noso alumnado a tradición das cantarelas na parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón. Alí acudimos ao convite da Asociación Cultural San Campio coa rapazada de 1.º de educación primaria e as súas mestras Marta, Vanesa e Sol.

A xornada transcorreu, coa compañía dos veciños que nos recibiron nas súas casas e co mestre Antonio e os seus alumnos/as do CRA de Boqueixón-Vedra, que nos sorprenderon entre cantos de Nadal e Reices, charrascos e requintas e visitas. 

Rematou a mañá cun convite a chocolate con rosca, que soubo a gloria.



11. Continuamos abrindo vías de divulgación para o proxecto

Este curso contamos cunha nova canle de difusión, a revista dixital do centro Fiadeiro

Revista Fiadeiro

Lembrade que tamén estamos cada mes en todas as casas de Vedra a través do

Boletin informativo | Concello de Vedra

E puntualmente actualizamos os nosos contidos nas redes 

Vedra Medra | Facebook


Comentarios