Wordle, xogo de palabras en galego

https://wordlegalego.appspot.com/

Wordle funciona da seguinte maneira: ti tes 5 letras, e tes que adiviñar a palabra do día. 

A medida que vas creando palabras vai marcando as letras en verde, amarelo ou gris; amarelo quere dicir que esa letra está na palabra pero noutra posición; verde, que está nesa palabra e nesa posición; e gris, que non está nesa palabra.

Está adaptado por @mg_abraham

Baseado no traballo de Daniel Rodríguez @danielfrg


Wardle, o autor do xogo en inglés, inicialmente creou o xogo para utilizalo xunto ao seu compañeiro Palak Shah. A mediados de outubro de 2021 fíxoo público, e despois de converterse nunha obsesión rápidamente entre os seus familiares, nomeóuno Wordle como un xogo de palabras co seu apelido. Wardle creou un prototipo similar en 2013. Dixo que non ten intención de monetizar o xogo e que non está a tratar de facer nada turbio cos teus datos ou os teus globos oculares. E só un xogo que é divertido.​

A nós persoalmente parécenos unha moi boa idea, é divertido e axuda a descubrir novas palabras, léxico que non coñeces e que se non fose por cousas como esta non o coñecerías. Normalmente son palabras non moi usadas, polo que pode supoñer un reto.

______________________

Un artigo de Carlos Rodríguez Rodríguez e Cristian Varela Blanco

Comentarios