Videoxogo: The Battle Cats

Título: The Battle Cats
Plataforma/s: Android / IOs
Xénero: Estratexia e Loita


Un artígo de Anxo Aparicio Rial

The Battle Cats é un xogo de estratexia e loita, principialmente de gatos, algúns raros, que conquistan o mundo futuro e a galaxia, enfrontándose a diferentes tipos de inimigos.

Neste xogo dispós de un set con gatos ou outros personaxes, cada un cun limite de dez unidades, e cada unidade coas súas habilidades contra diferentes tipos de inimigos. A batalla comeza cando lle das a “Atacar” e remata cando os inimigos destrúen a base dun; non hai tempo límite de batalla, hI batallas mis rpidas que outras, ao gañar unha batalla podes recibir potenciadores, por exemplo para mellorar as unidades e ata unidades. Por cada partida gastas enerxía, e esa enerxía vaise rexenerando co tempo ou automaticamente con friskas ou liderazgos. Logo están as “gatobolas” que sirven para conseguir novas unidades, de diferentes calidades e utilidades, tamén hai gatobolas exclusivas con unidades, como xa di o nome, exclusivas.


O xogo e bastante entretido, ten bastantes niveis que poden levarche tempo de sobra pasalos todos, tamén ten subcapítulos con recompensas especias, fases e personaxes de colaboracións con outros videoxogos, animes, series ou famosos, ten bastantes unidades para coleccionar, tamén con as súas formas finais. Canto máis avanzas e máis unidades consigues, máis entretidas fanse as batallas, e máis poderás avanzar. O trato á comunidade e bastante bo, regalos todos os meses, campañas polas redes sociais, actualizacións que traen novo contido etc.

Recomendo este xogo a partir dos doce ou trece anos para xogar ós poucos, avanzar niveis ou conseguir recompensas gratuitas, tamén é un xogo gratis (inclúe compras online, as cales algunhas poden ser innecesarias, outras poden axudarte a conseguir recursos e unidades boas, pero non recomendo comprar a menos que sea algo que poda axudar bastante) e funciona en calquer dispositivo, e bastante entretido con moitas cousas que facer.





Comentarios