O Camiño tamén dá xogo! Aí vamos…

 




O mes de novembro é un mes de celebración para Vedra medra. Coincidindo co día do San Martiño fixemos o magosto no centro e convocamos a toda a rapazada a xogar. Acompañáronnos os seus maiores, moitos deles informantes e protagonistas de múltiples actuación do proxecto, e que quixeron compartir a xornada festiva con nós.

Para eles vai a nosa homenaxe no Día Internacional do Patrimonio Mundial que festexamos o 16 de novembro. Cómpre recordar que este ano se conmemora o 50º aniversario da Convención do patrimonio mundial, cultural e natural asinada en París un 16 de novembro de 1972.

En breve, poderedes escoitar os podcast realizados polo alumnado de 3º da ESO centrados na divulgación das dúas temáticas que traballamos en O Camiño tamén da xogo!: o Camiño de Santiago e os xogos tradicionais.

E como o Nadal está aí á volta, estamos preparando a saída a San Miguel de Sarandón para revivir a tradición das cantarelas nesta parroquia vedresa.

Vedra medra continúa o seu camiño cunha decidida aposta polo patrimonio local.

Para seguirnos, podes facelo nesta revista e no Facebook Vedra medra.


Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e de Vedra medra

Comentarios