Dicionarios útiles para o uso da lingua galega

Presentámosvos tres dicionarios en rede que poden axudarnos a mellorar o noso galego:

Estraviz:


Este é o dicionario de galego online máis completo. Recolle todas as palabras que usan os falantes. Ten máis de 142.000 entradas.



–Ten palabras que tanto poden ser da rama científica como palabras coloquiais.


–Hai palabras que tanto se poden usar no galego como no portugués.


–O que intenta este diccionario é ofrecer aos galegos outro recurso novo para o seu uso na lingua.



Diccionario da Real Academia Galega:


Tamén coñecida como “RAG” creouse en 1906 para que os galegos e galegas fomenten a cultura e o estudo do idioma. Este é un diccionario normativo xa que establece que palabras son correctas e cales non.


–Ofrece o significado da palabra que buscas.

–Ten exemplos do seu uso nun contexto determinado.


–Acolle sinónimos e antónimos das palabras.

–Se é un verbo, podes velo conxugado.

–Podes escoitala.








Dicionario Rinoceronte:

O diccionario rinoceronte é un diccionario que se utiliza para traducir palabras en castelán a galego.

A entrada en castelán preséntase en letra grosa, seguida da indicación da categoría gramatical. Os  adxetivos van a súa forma masculina e femenina en catelán, para facilitar a busca, e só na súa forma masculina en galego seguindo os usos habituais nas obras lexicográficas.

O contido deste diccionario parte deste uso intensivo que durate anos se fixo rinoceronte Editora do diccionario Castelán-galego da Real Academia Galega, publicado no ano 2004. Como moitas consultas non obtiveron unha resposta satisfactoria, entón o equipo de Rinoceronte comezou a elaborar un novo diccionario castelán-galego que, partindo desa base, solucionanse estes problemas.

________________________

Un artigo de Carlota L. e Brais O.






Comentarios