WikiMedia Commons |
Normas do concurso:
- A fotografía debe estar tomada en Vedra ou na súa contorna
- Debe estar feita pola persona que o mande, non por outra.
- A imaxe debe ser clara e débese detectar a pareidolia e non pode ser confusa.
- Debe ir acompañada dun título.
- O concurso pecharase o 25 de maio.
- As fotografías enviaranse a través deste formulario.
As fotografías pódense enviar durante todo o curso e iranse publicando nesta revista. Ao rematar o prazo, un xurado de profesorado e alumnado reunirase para escoller as tres mellores fotografías. Os premios consistirán nun vale de 30, 20 e 15 euros para gastar nunha das papelerías da contorna.
Definición: A pareidolia é un fenómeno psicolóxico que consiste en recoñecer patróns significativos; donde un estímulo vago e aleatorio percibese erroneamente como unha forma recoñecible, debido a un sesgo perceptivo. Normalmente recoñecemos e identificamos caras ou corpos de animais ou persoas.
Porque sucede isto?: Isto sucede grazas a un estímulo no cerebro o cal asocia distintas imaxes a algún dos nosos recordos ou experiencias, dunha forma a cal o científico Jeff Hawkins define como teoría de memoria-predicción.
Flickr |
Nesta fotografía, pódese observar a extraña pareidolia na que se xuntan dous buratos nos que debe entrar a luz, formando uns ollos ben abertos, e outro burato cunha xanela que representa a boca. Está é unha pareidolia, xa que cando percibimos a forma dos buratos, conxuntado ca xanela parecen formar unha cara aínda que non o sexa.
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.