Xogos ancestrais do noso país


O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega creou unha páxina dedicada aos xogos tradicionais. Esta páxina recopila os xogos tradicionais como a mariola, o aro ou os xogos da roda. Ao premer nun destes xogos aparece distinta información como como xogar e para que anos está recomendado. A páxina conta con seccións onde buscar diferentes xogos, clasifícanse por idades, por obxectivos e por tipos de xogo. A web tamén conta cunha explicación de que é o Consello da Cultura Galega e por que se creou grazas a importancia do xogo. Hai un apartado onde podes descargar a súa aplicación para teléfono se desexas saber máis do tema.


Para ir a web premede neste enlace: Xogos tradicionais

Fotos:




Un artigo de Xian e Enrique.

Comentarios