Carlota L. e Brais O. (3º ESO)
Na páxina oficial están para descargar gratis os cómics en galego, español e portugués.
O primeiro capítulo explica todo o periodo da Prehistoria dende os primeiros poboadores ata a chegada do Cristianismo.
No terceiro capítulo ocupa dende a morte de Henrique de Portugal ata o final da dictadura de Salazar.
O cuarto capítulo fala da historia máis próxima a nós e fala dende a revolución dos Cravos a os nosos días.
E o quinto capítulo fala da historia do Eixo Atlántico dende 1992 ata agora.
Estes cinco capítulos ocupan exactamente 100 páxinas. "Sintetizar a historia destas terras que terminaron por configurar galiza e o Norte de portugal foi un labor de procurar elementos comúns, outros elementos diferenciadores e unha serie de 'historias da historia' que poden exemplificar ese percurso" di Víctor Rodriguez.
"Evidentemente, non se trata de levar ao debuxo un manual de historia, senón que se optou por buscar historias significativas que ilustren ese percorrido. Hai historias que claro que tiñan que estar presentes nesta obra, porque son coñecidas por todos, pero tamén tentamos dar a coñecer aquilo máis descoñecido que mostra a relación entre Galicia e o Norte de Portugal" explica.
"Cando ti fas un cómic ambientado na actualidade podes tirar máis de memoria, aínda que todas as historias hai que documentalas, mesmo as de xénero fantástico, pero hai máis marxe. En cambio nos cómics históricos tes que ser moi rigoroso, para non poñer nos anos 70 un modelo de coche que aínda non existían ou na Idade Media un tipo de armadura que é posterior".
Comentarios
Publicar un comentario
Os comentarios están moderados. Por favor, sé respectuoso e coida a redacción para ser ben comprendido. Non se admitirán comentarios anónimos.